martes, 23 de octubre de 2007

Vivamos como galegos

“ ... se alguén pregunta:
- onde se xoga o mellor fútbol do mundo?

responde:
- ¡en Galicia ! ... ”



...En Galicia, ... en galicia, ...
Estas poucas palabras quedaron resoando na miña cabeza ...
Estaba en Riazor, presenciando un dos encontros máis agardados da temporada, e sen embargo o único no que podía pensar era nesa maldita frase...
A pantalla xigante do estadio non facía máis que alternar o penetrante anuncio de Gadis (que ata aquel momento tanto me marabillara), co marcador do partido.

... mellor fútbol do mundo... galicia ....

Perdíamos 1-3.

E entroume a risa.

viernes, 5 de octubre de 2007

Music-hall

[Tarde y arrastro… el chiringuito reabrió]

Elixan a súa butaca e prepárense para o que lles agarda...
Que mellor para comezar unha nova tempada que un filme musical? Sen dúbida será un éxito de taquilla.


Vivir na Coruña
que bonito é
pasear pola praia
e estudiar na UDC

Saír pólo Orzán,
“reunión” no Humor,
os venres a casa
e os domingos a Riazor.